Detido por homicidio o dono unha pirotecnia pola explosión de Tui (Pontevedra(

Actualizado: miércoles, 23 mayo 2018 21:59

TUI, 23 May. (EUROPA PRESS) -

A Garda Civil detivo ao dono dunha pirotecnia de Tui (Pontevedra), pola súa vinculación coa explosión de material deste tipo, almacenado nunha vivenda da parroquia tudense de Paramos, e que provocou polo menos un falecido e case unha trintena de feridos, ademais de severos danos materiais.

   Segundo confirmaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, ao detido atribúenselle os supostos delitos de "homicidio, imprudencia e estragos", e é o dono dunha empresa de pirotecnia situada en Baldráns, a poucos quilómetros da vivenda onde se rexistrou a explosión.

   As mesmas fontes explicaron que, a pesar de que a empresa tivo problemas urbanísticos no pasado, na actualidade atopábase operativa, aberta ao público e "funcionando con normalidade". A ese respecto, precisaron que a detención non se deriva da actividade da empresa, senón do feito de que o dono tivese almacenado, de forma "clandestina", material pirotécnico nunha vivenda (ao parecer, dunha familiar) en Paramos.

   O home foi detido por efectivos da Garda Civil na "zona cero" da explosión, e foi trasladado á Comandancia de Pontevedra.

   Por outra banda, fíxose cargo da investigación, segundo confirmaron fontes do TSXG, o xulgado de instrución número 1 de Tui, que está en funcións de garda.