Detido por portar un bolígrafo-pistola

Bolígrafo pistola intervenido a vecino de Fisterra.
Foto: GUARDIA CIVIL
Actualizado: martes, 25 noviembre 2014 22:31

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Axentes da Guardia Civil, adscritos ao Servizo de Intervención Rápida (SIR) da comandancia coruñesa, detiveron un varón veciño de Fisterra (A Coruña) por portar unha arma e munición prohibidas, ao levar un bolígrafo-pistola.

   Segundo informou o Instituto Armado, no transcurso dun control preventivo de seguridade cidadá axentes interceptaron o luns pola tarde na localidade coruñesa de Guísamo un turismo no que viaxaba un veciño de Fisterra, de 36 anos, ao que imputaron un suposto delito de tenza ilícita de armas e outro por tenza de munición prohibida.

   O individuo imputado levaba consigo un bolígrafo-pistola cun cartucho na recámara dos denominados "de punta oca", segundo explica a Benemérita, que sinala que é considerado "como munición prohibida". Ademais, a citada arma tamén está catalogada como prohibida polo regulamento de armas e explosivos.

   Tanto o detido como os efectos intervidos foron postos a disposición do xulgado de garda da Coruña.