Detido en Vigo un home por quebrantar unha orde de afastamento e agredir a súa muller cando chegou ebrio á súa casa

Actualizado: viernes, 28 noviembre 2014 11:41

VIGO, 28 Nov. (EUROPA PRESS) -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron por un delito de violencia de xénero e outro de quebrantamiento dunha orde de afastamento a un ourensano de 39 anos de esdad que supostamente agrediu e pelexouse coa súa muller tras chegar ebrio á súa casa.

Tal e como comunicou a Policía Local, os feitos aconteceron sobre as 00,30 horas deste venres, cando foi requirida unha patrulla para que se desprazase ata o barrio do Calvario, onde supostamente estábase a producir unha discusión nunha vivenda.

Unha vez no lugar, os veciños informaron os axentes de que unha muller solicitaba auxilio nunha casa, polo que acudiron ao domicilio. Alí atoparon unha parella, que manifestou que tivera unha forte discusión e unha pelexa porque o home chegara ebrio.

A dotación policial comprobou que ao home lle constaba unha orde de prohibición de aproximarse a menos de 200 metros e de comunicarse coa muller, polo que detiveron o individuo, que foi posto a disposición xudicial.