Dous feridos, un deles grave, tras saír despedidos da estrada co seu coche na A-6

Publicado: martes, 27 junio 2017 20:23

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Jun. (EUROPA PRESS) -

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, ao saír despedidas da estrada co coche no que viaxaban mentres circulaban pola A-6

O accidente rexistrouse sobre as 14.55 horas, tras a alerta dun particular ao 112 Galicia. En Concreto, un vehículo saíu despedido da A-6, ao seu paso por Abegondo, indo parar a unha estrada secundaria.

Un dos ocupantes tivo que ser excarcerada polos efectivos de emerxencia e o seu estado é grave. A central de emerxencias alertou ao 061, Bombeiros de Betanzos, Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. As dúas vítimas foron evacuadas a un centro hospitalario.