Dous fillos do líder da orde dos 'miguelianos' chegan ao xulgado

Actualizado: jueves, 5 mayo 2016 10:28

TUI (PONTEVEDRA), 5 May. (EUROPA PRESS) -

Dous fillos do líder da disolta Orde e Mandato de San Miguel Arcángel chegaron sobre as 9,40 horas deste xoves aos xulgados de Tui (Pontevedra), onde van declarar como testemuñas ante a xuíza de instrución número 1, na causa na que o seu pai, Miguel Rosendo, está investigado por supostos abusos sexuais, delito contra a facenda pública e asociación ilícita.

Os dous irmáns, Christian e Verónica (que ten unha minusvalidez e se despraza en cadeira de rodas), chegaron ao edificio xudicial acompañados pola avogada do seu pai, María Teresa Quintana-Drake. A letrada mostrou a súa contrariedade por que se chamara a declarar á rapaza, "que ten parálise cerebral e unha minusvalidez do 81 por cento".

Esta avogada tamén confirmou que é a primeira vez que Christian vai declarar, xa que non foi chamado antes nin a sede policial nin a sede xudicial. "Están na esperanza de que isto remate canto antes porque é un calvario para eles", engadiu.

Pola súa banda, a avogada das familias comparecidas como acusación, Ana Regueira, recoñeceu que non espera "nada" da declaración dos fillos de Rosendo porque son "familiares moi directas" e non cre que o seu testemuño "sirva para aclarar a verdade".