O economista Santiago Lago ve "pouco novidosos" os datos das balanzas fiscais e fixa a "discriminación" en 3 CCAA

El economista Santiago Lago
EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 23 julio 2014 12:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Jul. (EUROPA PRESS) -

O economista Santiago Lago cualificou de "pouco novidosos" os datos relativos ás balanzas fiscais feitas públicas este mércores polo Ministerio de Hacienda e Administraciones Públicas, á marxe de fixar, ao seu xuízo, a "discriminación" en tres comunidades autónomas --País Vasco, Navarra e Canarias--, debido aos seus respectivos réximes fiscais.

Tras presentar o oitavo documento do Foro económico de Galicia, denominado 'Galicia: bases para unha estratexia marca-país e liñas de traballo para a súa acción exterior', Lago foi preguntado polos xornalistas polas impresións que cre que deixarán os números coñecidos esta xornada.

Ao respecto, augurou que o resultado "non vai ser moi novidoso en cifras xerais", pero, na súa opinión, "non vai gustar nada en Cataluña". "Van dicir o que xa sabemos", previu, en relación a que "os ricos pagan máis e os pobres pagan menos".

Non obstante, identificou tres comunidades, País Vasco, Navarra e Canarias, nas que situou "a maior parte da discriminación". Así, indicou que "a novidade" das balanzas presentadas polo departamento de Cristóbal Montoro é a que ten que ver con que "van cortar os saldos", e iso é, ao seu xuízo, "o realmente valioso".

Deste modo, "o problema --considera-- é se hai partes que non sexan xustificables e reflicten unha discriminación". "Se como territorio estás a pagar máis ou menos do que che toca", continuou a súa explicación.

Por iso, para este economista, visualizar "qué parte é problemática porque se está a reflectir discriminación" é o que ten un maior interese, e é nese apartado no que alude a País Vasco Navarra e Canarias, á marxe de cuestións ás que restou relevancia como o subsidio do PER en Andalucía e o apoio á minaría de carbón.