Editorial Galaxia lanza o selo Mar Maior para difundir a cultura galega no mundo

Álvaro Cunqueiro
FUNDACIÓN BANCO SANTANDER
Actualizado: jueves, 23 octubre 2014 14:28

VIGO/MADRID, 23 Oct. (EUROPA PRESS) -

Editorial Galaxia lanzou o selo Mar Maior, destinado a difundir no mundo a cultura galega, tanto a través das súas obras clásicas coma de autores contemporáneos. Ademais, ten unha vocación internacional, posto que, ademais de traballar en coedicions en inglés, francés e alemán, conta cunha filial en Bos Aires e pronto estará tamén en Montevideo, México, São Paulo e Salvador de Baía.

Para o primeiro lanzamento no mercado estatal, Mar Maior seleccionou catro textos clásicos de Álvaro Cunqueiro: 'O ano do cometa', 'Flores do ano mil e pico de ave', 'Vida e fugas de Fanto Fantini della Gherardesca' e 'Faladoiro de boticas prodixiosas'. En todos eles se establece, ademais, un diálogo entre o texto de Cunqueiro e un autor galego contemporáneo.

Ademais, para este primeiro lanzamento seleccionáronse tamén obras contemporáneas como 'Futuro imperfecto', de Xulia Alonso, unha crónica persoal da xeración dos 80, os seus descubrimentos e as súas consecuencias: o amor, a amizade, as drogas, o VIH ou a SIDA.

Así mesmo, Mar Maior tamén publicará o libro 'Laura no deserto', de Antón Riveiro Coello, no que aparecen como escenarios Santiago de Compostela, Barcelona, Nova York e unha Europa convulsa durante a Segunda Guerra Mundial. Trátase dunha historia sobre a memoria, a culpa, o amor e a liberdad coa que o autor conseguiu o Premio da Crítica Española 2011.

Outro título contemporáneo é 'Circe ou o pracer do azul', a primeira novela da xornalista Begoña Caamaño, que relata unha parte nunca antes contada da historia de Circe e Penélope, dúas mulleres poderosas que tecen a catro mans unha relación epistolar tan imprevisible como apaixonante e reescriben así a súa historia, que é a historia da cultura europea e occidental. Xunto a eles, publícase tamén a 'Historia de Galicia', de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega.