Elena Muñoz inclúe a Figueroa no número 3 da súa lista

Elena Muñoz en Vigo
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: domingo, 19 abril 2015 20:35
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Abr. (EUROPA PRESS) -

   A candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, desvelou os 14 primeiros membros da súa lista, na que o excandidato e presidente do PP da cidade, José Manuel Figueroa, ocupa o posto número tres.

   A que foi conselleira de Facenda remitiu este domingo un comunicado aos medios, no que definiu a súa candidatura como "unha combinación de renovación e de experiencia, capaz de cambiar as cousas en Vigo".

   Os integrantes conforman un equipo que, ao seu xuízo, "será capaz de devolverlle á cidade o liderado e o impulso que perdeu en Galicia".

LISTA

   Como xa avanzara a través do seu 'Twitter' o sábado, o número dous da súa candidatura ocúpao o actual presidente de Novas Xeraciós, Diego Gago. Licenciado en Dereito Económico e máster en Asesoría Fiscal, na actualidade desempeña o seu labor profesional na dirección comercial de Barceló Viajes Gal-Astur.

   Elena Muñoz reserva o terceiro posto para o presidente do PP de Vigo e candidato á Alcaldía nas pasadas eleccións, José Manuel Figueroa, quen ao coñecerse que a exconselleira de Facenda sería a candidata garantiulle publicamente o seu apoio "sen fisuras". É vicepresidente da Deputación de Pontevedra e forma parte da executiva rexional do PPdeG.

   Pola súa banda, o número catro é para o médico do Hospital Meixoeiro de Vigo Anxo Piñeiro; mentres que no quinto posto figura, como xa transcendeu na xornada do sábado, a expresidenta da Federación de Asociacións de Veciños de Vigo Elena González Sánchez.

   O avogado e membro do comité de dirección do PP de Vigo, Roberto Lagoa ocupa o número seis. Tras o vai na lista o actual edil e secretario xeral do PP de Vigo, Miguel Fidalgo (7). A este séguelle a tamén concelleiro na actualidade, a xornalista Teresa Eguerique (8). O número nove ocúpao o arquitecto Rodrigo F. Portanet, neto do exalcalde da cidade, Rafael Portanet.

   Os postos número 10 e 11 ocúpanos os actuais edís Marta Igrexas e Antonio Bernárdez; mentres que o 12 se reserva para o presidente de Novas Xeracións de Vigo, Alejandro Pérez Davila.

   Pola súa banda, a licenciada en Dereito Económico Montserrat Otero ocupa o 13; o seleccionador galego absoluto de balonmán, Francisco Teixeira, o 14; e, por último, a actual edil Marian García o 15.