Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 25/05/2010 17:16

A empresa de I+D Imatia gaña o premio Emprendedor XXI na súa segunda edición en Galicia

   A empresa pontevedresa de I+D Imatia gañou a fase autonómica do premio Emprendedor XXI na súa segunda edición, que está dotado con 100.000 euros e unha bolsa para participar nun curso na Universidade de Cambridge e a asistencia a un dos principais polos de innovación do mundo para buscar oportunidades de negocio e contactar con outras empresas.

   O resultado do concurso deuse a coñecer hoxe, despois de que o xurado se reunise pola mañá para emitir o fallo. Ao certame, organizado por La Caixa, o Ministerio de Industria e promovido pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), presentáronse este ano 11 empresas de Galicia. Ademais de Imatia, quedaron finalistas Bit Oceans Research e Sinais, tamén pontevedresas e dedicadas, respectivamente, a solucións para evitar a fraude documental e a sistemas de monitorización para o mantemento de parques eólicos.

   O gañador pasa agora á fase estatal, que se celebrará os días 15 e 16 de xuño en Barcelona e na que o gañador obtén outro premio de 30.000 euros.

   O responsable de Imatia, Fernando Vázquez, explicou, ao recibir o premio, que a empresa naceu hai cinco anos, coa intención de demostrar que en Galicia "se pode facer tecnoloxía". O seu percorrido, dixo, "foi difícil" pero animou aos emprendedores a participar no certame, pois esta compañía repetiu nesta convocatoria tras quedar segunda o ano pasado.

   Pola súa banda, o director xeral de La Caixa en Galicia, Marc Benhamou, indicou que o fin do premio é identificar empresas innovadoras en Galicia con oportunidades de crecemento; mentres que o presidente da CEG, Antonio Fontenla, animou aos emprendedores, aos que desexou "éxito", pois o futuro da economía "está nas súas mans".

   Pola súa banda, o director xeral adxunto da empresa galega Televés, Jorge Lorenzo, fixo un repaso da historia desta sinatura, que facturou 200 millóns de euros en 2009 e creou un grupo integrado por 20 empresas. A marca, dixo, está rexistrada en 64 países e ilustrou a súa expansión co exemplo de que "o Papa vai a tele con antenas de Televés".

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El expresidente Nasheed y varios de sus partidarios, heridos por la Policía Banco CAM reconoce unas pérdidas de 2.713 millones en 2011 La secuela de Lobezno ya tiene fecha

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.