Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 05/03/2010 10:14

Ence investirá entre 375 e 525 millóns ata 2015 en proxectos de biomasa

   Ence investirá entre 375 millóns e 525 millóns de euros en proxectos de xeración eléctrica a partir da biomasa, que suporá a posta en marcha de entre 150 e 210 megawatios (MW), informou hoxe a compañía nunha presentación remitida á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

    A compañía ampliará o seu capital social por importe de máis de 130 millóns de euros para reducir o seu endebedamento, reforzar os recursos propios da sociedade e a súa estrutura financeira e desenvolver proxectos de investimento.

   A operación efectuarase mediante a emisión e posta en circulación de 83.112.890 novas accións ordinarias, de 0,90 euros de valor nominal cada unha, cunha prima de emisión de 0,665 euros por título, o que equivale a unha prima de emisión total de máis de 55,2 millóns de euros.

   En conxunto, o prezo de emisión unitario, sumando o valor nominal máis a prima de emisión, será de 1,565 euros por acción, co que o importe total previsto da ampliación de capital de Ence ascenderá a algo máis de 130 millóns de euros.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.