A CORUÑA 4 Jul. (EUROPA PRESS) -
A Sociedade Española de Neumología e Cirurxía Torácica (SEPAR) anunciou hoxe o inicio dunha campaña nacional para a concienciación da sociedade ante o repunte dos casos de tuberculose en España. Os 13.000 novos infectados que se detectaron o ano pasado son un número máis que importante para considerar a prevención como "o mellor tratamento para unha verdadeira calidade de vida".
Por iso, dende o SEPAR quérese implicar tamén aos profesionais da sanidade e outros axentes sociais. "Non se trata só dun problema médico. É unha desgracia humana orixinada polos problemas do desenvolvemento político, económico e da globalización", apuntou Marcos Espiñal, director internacional do Programa de Control de Tuberculose da Organización Mundial da Saúde.
Con dous millóns de mortes ao ano en todo o mundo por culpa desta enfermidade, e con nove millóns de novos casos de tuberculose, os expertos levan as mans á cabeza ante o feito de que "os xefes de Estado non se conciencien para paliar unha problema que ten solución".
Para iso, dende hoxe, unha carpa informativa, que estará na Coruña ata mañá, percorrerá diferentes puntos da xeografía española exhibindo en soportes audiovisuais os diferentes temas relacionados coa enfermidade, as súas causas e as súas consecuencias, e as medidas necesarias para facelo fronte, co aspecto solidario como mensaxe diferenciadora.
DIMINÚEN OS CASOS EN GALICIA
Ademais da presentación da carpa informativa, durante a comparecencia de prensa, Xurxo Hervada, subdirector do Programa de Tuberculose en Galicia, deu a coñecer que os números de casos na comunidade galega diminuíron nun 50% nos últimos dez anos.
Deste xeito, Galicia viu como se pasaba dos 2.026 afectados en 1.996 os 916 do 2007. Un dato importante, pero que "hai que "seguir mellorando" porque segue estando entre os máis alto do territorio español.