Estabilizado o incendio declarado no municipio de Muíños (Ourense), que afecta a cinco hectáreas

Publicado: sábado, 19 agosto 2017 19:28

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Ago. (EUROPA PRESS) -

   O incendio orixinado este sábado no municipio de Muíños (Ourense) foi estabilizado ás 18,48 horas, segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural.

   En concreto, o lume rexistrouse na parroquia de Cados e calcinou ata o momento un cinco hectáreas.

   O lume iniciouse ás 16,48 horas e no dispositivo de extinción están a traballar dous axentes, 10 brigadas, cinco motobombas, unha pa, cinco helicópteros e cinco avións.