A exposición 'Gente de Mente' inaugúrase en Ferrol para ensinar aos seus visitantes a realidade do alzhéimer

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 19 noviembre 2008 19:37

FERROL 19 Nov. (EUROPA PRESS) -

A cidade de Ferrol acolle dende hoxe a exposición 'Gente de Mente', un proxecto entre a Asociación de Familiares dos enfermos de alzhéimer e a Obra Social de Caixa Galicia que pretende sensibilizar á sociedade e mostrar á cidadanía en que consiste o alzhéimer, as súas consecuencias e como combater esta enfermidade.

Esta mostra está composta por varios módulos descritivos do alzhéimer e, segundo concretou o director da Obra Social Caixa Galicia, Manuel Aguilar, a través dun total de 16 paneis faise un pouco de historia desta patoloxía e infórmase sobre os últimos avances no tratamento e investigación sobre ela.

Tamén conta con módulos interactivos que permitirán ao visitante experimentar algúns dos síntomas e sensacións que sofre unha persoa afectada por esta enfermidade a través de xogos e probas.

ALZHÉIMER EN CIFRAS

Encabezados por un título rechamante para espertar a atención do visitante, cada módulo inclúe unha breve explicación do aspecto a tratar ilustrado con gráficos ou fotografías e elementos interactivos como unha pregunta con múltiples respostas a elixir ou unha sinxela actividade física.

España é o segundo país europeo con máis persoas diagnosticadas do mal de Alzhéimer. A incidencia desta patoloxía cífrase en 800.000 casos en España, 50.000 en Galicia.

A Confederación Española de Familiares de enfermos de Alzhéimer e outras demencias consideran que durante a próxima década se duplicará o número de enfermos ata superar o millón e medio no ano 2020.

A media española de persoas que sofren esta patoloxía supón o 1,5 por cento e supera claramente a media europea, que está no 1,28 por cento.

Contenido patrocinado