A facturación do sector servizos sobe en abril un 0,5% en Galicia e entra en positivo tras sete meses á baixa

CAFETERÍA, CONSUMO, IPC, PRECIOS, NEGOCIO, AUTÓNOMO, CAFÉ
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 19 junio 2013 14:34

SANTIAGO DE COMPOSTELA 19 Jun. (EUROPA PRESS) -

O sector servizos rexistrou un incremento do 0,5% en abril en Galicia, en relación ao mesmo mes do ano pasado, co que entra en positivo tras sete meses á baixa, segundo os datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE). A variación mensual constata unha alza do 6% na comunidade respecto a marzo.

No conxunto do Estado, o sector servizos tamén rexistrou un aumento da súa facturación do 0,5% o pasado mes de abril en relación ao mesmo mes de 2012, taxa case once puntos superior á de marzo, cando a facturación deste sector retrocedeu un 10,4%.

Co dato de abril, a cifra de negocios do sector servizos en España rompe con 19 meses consecutivos de cifras negativas. Non obstante, corrixido o efecto calendario, a facturación dos servizos rexistrou en abril un retroceso interanual do 3,3%, fronte ao -6,9% de marzo.

En canto á taxa de ocupación, no caso de Galicia, experiméntase unha caída interanual do 2,2%, aínda que o emprego constata un incremento do 0,3% en relación a marzo de 2013.

En todo o Estado, os datos do INE reflicten que o emprego no sector servizos caeu en abril un 2,1% en taxa interanual, igualando a taxa de marzo, co que a ocupación neste sector suma xa 23 meses de retrocesos consecutivos.

En taxa mensual (abril sobre marzo) e eliminado o efecto calendario e a estacionalidade, a facturación dos servizos repuntó un 0,4%, fronte ao retroceso mensual do 1,5% rexistrado en marzo. O emprego, pola súa banda, experimentou un ascenso do 0,2% en termos mensuais.

AUMENTA A FACTURACIÓN POLA VENDA DE COCHES

O comercio presentou o pasado mes de abril un repunte interanual da súa facturación do 1,5%, mentres que os outros servizos rexistraron unha caída do 1,4%.

O avance do comercio debeuse ao comercio almacenista, que elevou a súa cifra de negocios un 3%, mentres que o comercio minorista reduciu a súa facturación un 1,2% en termos interanuais.

A maior parte dos sectores presentaron cifras interanuais negativas en abril. Salváronse o transporte e o almacenamento (+3,9%), o comercio almacenista (+3%) e a venda e reparación de vehículos e motocicletas (+2,6%), en tanto que os maiores descensos foron para hostalaría (-7,5%) e actividades administrativas e servizos auxiliares (-4,6%).

En canto á ocupación, o emprego no sector servizos rexistrou o pasado mes de abril un descenso interanual do 2,1%, con caídas en todos os sectores. As máis pronunciadas déronse na venda e reparación de vehículos (-4,2%), información e comunicacións (-4,1%) e o comercio minorista (-2,3%).

CINCO COMUNIDADES EN NEGATIVO

En abril, cinco comunidades autónomas presentaron unha evolución negativa da cifra de negocios do sector servizos: Navarra (-0,8%), Andalucía (-1,5%), Canarias (-2,6%), Cantabria (-5,4%) e Extremadura (-6%). O resto experimentou crecementos interanuais, sendo os maiores os de Baleares (+6,6%) e La Rioja (+6,4%).

En canto ao emprego, o persoal ocupa descendeu en todas as comunidades, salvo en Baleares, onde se incrementou un 1,6%. Os maiores retrocesos foron os de Navarra (-3,5%), Castilla e León (-3,4%), Madrid (-3,2%) e Asturias (-3%).

Contenido patrocinado