UrgenteLas plusvalías por venta de viviendas inferiores a 400.000 euros seguirán beneficiándose de rebajas fiscales
Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 18/07/2013

Aos 67 anos de idade

Falece Anxo 'Geluco' Guerreiro, referente da esquerda en Galicia

Participou na comisión que redactou o Estatuto de Autonomía de Galicia e foi deputado no Parlamento galego en dúas lexislaturas

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Anxo Guerreiro (Xermade -Lugo-, 1945), coñecido como 'Geluco' e un dos referentes da esquerda en Galicia, faleceu este xoves na Coruña aos 67 anos de idade. Segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas ao histórico político, Guerreiro estaba enfermo e, malia que "mellorara", o seu estado de saúde era "delicado".

   Aínda que nacera na provincia de Lugo, viviu case toda a súa vida na Coruña. Está previsto que dende primeira hora da tarde os seus restos mortais sexan trasladados ao tanatorio de Servisa, na cidade herculina.

   Deputado autonómico en dúas ocasións, pero sen tocar nunca o poder, Anxo Guerreiro ingresara no Partido Comunista cando era estudante universitario de Ciencias Químicas en Santiago de Compostela e militou nas loitas estudantís antifranquistas.

   En 1979 foi elixido secretario xeral do Partido Comunista de Galicia (PCG) e, precisamente como representante desta forza política, foi un dos membros da comisión dos 16 que redactou o Estatuto de Autonomía de Galicia.

   Inaugurado o réxime autonómico de Galicia, foi o primeiro e único deputado comunista no Parlamento galego na lexislatura 1981-1985. Coa creación en 1986 de Esquerda Unida en Galicia (Esquerda Unida) tamén asumiu o posto de coordinador xeral.

VOLTA AO PARLAMENTO

   Non obstante, en 1997, acordou acudir ás eleccións autonómicas en coalición co PSdeG, manobra que foi desautorizada pola dirección federal de IU, liderada por Julio Anguita. Guerreiro participou naquela coalición electoral co PSdeG coas siglas Esquerda Unida-Esquerda de Galicia (EU-EG), o que lle permitiu ser de novo elixido deputada para a lexislatura 1997-2001.

   Nas eleccións de 2001 o PSdeG, encabezado por Emilio Pérez Touriño, con quen 'Geluco' coincidira nas filas do Partido Comunista de Galicia, rexeitou reeditar o pacto e Esquerda de Galicia se presentou en solitario, con Anxo Guerreiro como candidato á Presidencia da Xunta.

   Esquerda de Galicia perdeu os dous escanos que conseguira en coalición co PSdeG e quedou sen representación parlamentaria, o que levou á dimisión de Guerreiro a mesma noite electoral daquel mes de outubro de 2001. En maio de 2002, EdeG disolveuse.

ÚLTIMOS TEMPOS

   Retirado da política activa, nos últimos tempos, coa súa fina mordacidade característica, 'Geluco' interviña en varios faladoiros políticos e tamén escribía artigos para prensa escrita, que compaxinaba cun intenso labor cultural.

   Así, Anxo Guerreiro foi, xunto a un grupo de amigos, un dos fundadores da asociación cultural 'Namentras' no ano 2009, segundo recorda o seu compañeiro e membro da directiva, Xosé Manuel Sánchez Mesejo. Os seus compañeiros da asociación cultural, á que dedicara os seus últimos anos, recórdano como "un activista de esquerdas".

Cargando el vídeo....
 

 

© 2014 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros, puedes ver nuestra política de cookies -
Uso de cookies