SANTIAGO DE COMPOSTELA 18 May. (EUROPA PRESS) -
O condutor dun vehículo faleceu na noite do venres tras saírse da estrada pola que circulaba co seu turismo e encaixarse contra un poste na localidade coruñesa de Dumbría, informan fontes de Urxencias.
O suceso rexistrouse sobre as 23.21 horas, cando un Citroen Xsara que circulaba pola estrada que une Olveira e Baíñas saír da vía e impactou contra un poste da luz.
O 112 solicitou a presenza de efectivos de Urxencias Médicas, Tráfico e solicitouse a presenza dun equipo de Bombeiros, dado que había unha persoa atrapada.
Canto chegaron ao lugar dos feitos, o equipo desprazado atopouse o vehículo totalmente encaixado contra un poste e ao seu condutor falecido. A vítima era un home , R.L.S., natural de Mazaricos e que conducía un Citroen Xsara.