Falece o condutor dun vehículo que sufriu unha saída de vía en Mesía (A Coruña)

Publicado: domingo, 15 julio 2018 11:19

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Un condutor faleceu na mañá deste domingo logo de sufrir unha saída de vía co seu vehículo cando circulaba polo termo municipal de Mesía (A Coruña).

   O sinistro rexistrouse ás 08,30 horas deste domingo na estrada que une as localidades de Curtis e Mesía ao seu paso pola parroquia de Cabrui, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

   O vehículo sufriu unha saída de vía e o seu condutor quedou atrapado no interior do vehículo. Desprazados ao punto após ser alertados pola central de emerxencias, os bombeiros de Ordes liberaron á persona, xa falecida.