Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 08/03/2010 21:55

Falece un home de 38 anos de idade ao soltarse un semirremolque dun tráiler e impactar contra unha furgoneta

   Un home de 38 anos de idade identificado coas iniciais F.J.L.I. faleceu hoxe nun accidente de tráfico que se produciu ao soltárselle un semirremolque a un tráiler en marcha á altura do termo municipal de O Pino (A Coruña).

   Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil de Tráfico, o sinistro produciuse en torno ás 20.15 horas, cando o semirremolque dun tráiler desprendeuse e impactou contra unha furgoneta Fiat Doblo, matrícula 6853-FPT.

   Como resultado do impacto faleceu F.J.L.I., que viaxaba como acompañante na furgoneta. Ademais, tamén se viu implicado no sinistro un turismo, contra o cal tamén impactou o semirremolque.

   O accidente rexistrouse na estrada nacional N-634, á altura do punto quilométrico 702, no termo municipal do Pino (A Coruña), onde o tráfico quedou interrompido momentaneamente para facilitar as tarefas de rescate. Cinco patrullas de Tráfico de Santiago de Compostela trasladáronse ao lugar para axudar a regular a circulación viaria e colaborar nas tarefas de rescate.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Anonymous ataca las web de la CIA y del Gobierno de Alabama Reino Unido advierte de que defenderá "enérgicamente" las islas Malvinas Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.