Falece un home de 72 anos nun accidente de tráfico en Mos

Publicado: lunes, 21 mayo 2018 20:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 May. (EUROPA PRESS) -

Un home de 72 anos faleceu na tarde deste luns nun accidente de tráfico rexistrado no municipio pontevedrés de Mos.

Segundo a información da central de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, o suceso ocorreu pasadas as 19,00 horas, cando o vehículo no que viaxaba o falecido chocou contra un camión.

Até a zona desprazáronse unha ambulancia asistencial do 061 e unha medicalizada. Con todo, o equipo médico non puido facer nada por salvar a vida do home, de iniciais R.P.L.. No lugar foi atendido outro home de 50 anos, que foi dado de alta in situ.