Actualizado: lunes, 15 septiembre 2014 14:49
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Unha menor faleceu na madrugada deste luns supostamente electrocutada durante a celebración dunhas festas no barrio de Vite en Santiago de Compostela.

   Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, os feitos sucederon sobre as 2,00 horas durante a celebración das Festas de Guadalupe no barrio de Vite, supostamente debido a un incidente cun farol.

   Ao lugar desprazouse unha ambulancia asistencial e outra medicalizada do 061, cuxo persoal sanitario practicou as manobras de reanimación á menor, pero a moza faleceu no punto, segundo confirmaron fontes sanitarias.

   A Policía Científica do Corpo Nacional de Policía investiga os feitos e desprazouse ao lugar para realizar xestións tendentes a aclarar o sucedido.

Más noticias