Falece unha muller en Cee tras ser atropelada por un turismo

Actualizado: domingo, 23 noviembre 2014 18:20
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTEla, 23 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Unha anciá de 91 anos faleceu en Cee (A Coruña) tras ser atropelada por un turismo. En concreto, o atropelo tivo lugar na estrada que une Cee coa cidade de A Coruña, no lugar de Lobelos.

   O particular que chamou ao CAE 112 Galicia, sobre as 20,00 horas deste sábado, advertiu da gravidade da situación, polo que o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou de inmediato, segundo recolle na súa páxina web, a intervención dos servizos sanitarios de urxencia.

   Estes últimos confirmaron, pouco despois, o falecemento da muller, con iniciais P.T.P. Ao lugar do atropelo acudiron unha ambulancia asistencial, persoal sanitario do PAC de Cee, a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico, segundo indicou o 061 nun comunicado.