Falece unha muller en Rairiz de Veiga (Ourense) tras caerlle enriba unha pedra de grandes dimensións

Actualizado: jueves, 24 abril 2014 20:20

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

Unha muller faleceu este xoves tras caerlle enriba unha pedra de grandes dimensións en Rairiz de Veiga (Ourense), segundo informaron fontes do 112, que indicaron que a Garda Civil investiga as circunstancias nas que se produciu o suceso.

Un particular alertou ás 18,40 horas ao 112 de que unha pedra caera sobre unha muller na parroquia de Congostro. Ao lugar desprazáronse membros de urxencias médicas e a Garda Civil.

Por outra banda, o helicóptero medicalizado con base en Santiago foi mobilizado a Fisterra para atender unha persoa que resultou ferida ao ser golpeada por unha vaca despois das 19,00 horas.