Un falecido e dous feridos nun choque entre dous vehículos en Abegondo (A Coruña)

Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 18 mayo 2013 14:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA 18 May. (EUROPA PRESS) -

Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas este sábado nunha colisión entre dous vehículos que se rexistrou á altura do municipio de Abegondo, na Coruña, segundo informan a Europa Press fontes de Urxencias.

O accidente rexistrouse sobre as 9.18 horas da mañá do sábado, cando dous coches colisionaron na estrada que une Sarandóns e Carral.

Ao lugar desprazáronse efectivos de Tráfico, Urxencias Médicas, membros do Corpo de Bombeiros de Betanzos e persoal de Protección Civil de Abegondo.

Artículos Relacionados

Contenido patrocinado