A familia de Lourdes Domínguez segue "con preocupación" a situación da tenista en Beirut

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 9 mayo 2008 17:35

PONTEVEDRA 9 May. (EUROPA PRESS) -

A familia da tenista pontevedresa Lourdes Domínguez segue "con preocupación" a situación da moza, que, xunto co seu adestrador e outras dúas tenistas españolas, se atopan retidos nun hotel de Beirut a causa do conflito que vive a capital de Líbano, onde os enfrontamentos entre os partidarios do Goberno e as milicias de Hezbolá causaron onte polo menos dez mortos.

A tenista pontevedresa, que se atopa no Beirut disputando un campionato da WTA, púxose en contacto esta mañá co seu irmán Javier Domínguez, concelleiro do Partido Popular no Concello de Poio, para poñelo ao corrente da súa situación e mandarlle unha mensaxe tranquilizadora.

"Conseguín falar con ela a media mañá, minutos antes de que saltase a pista a xogar o seu partido de cuartos de final e, aínda que me recoñeceu que a situación está un pouco convulsa, me asegurou que se tranquilizara porque estaba en contacto coa embaixada e o Consejo Superior de Deportes, manifestou.

O irmán de Lourdes Domínguez engadiu que a tenista pontevedresa, que aínda xogará un partido máis esta tarde, lle manifestou que "o problema será cando perda e queira saír de Beirut xa que o aeroporto está tomado", se ben lle asegurou que se están a estudar outras alternativas para saír do país.

"A situación é de preocupación pero ela dinos que están moi controladas pola organización do torneo, que as están a tratar moi ben a ela e as outras dúas tenistas españolas, Marta Marrero e Eva Fernández, que están na mesma situación, e iso tranquilízanos", concluíu.

Contenido patrocinado