A federación de dano cerebral denuncia "carencias importantes" na asistencia pública

Fidel
Foto: EUROPA PRESS/REMITIDO
Actualizado: miércoles, 28 enero 2015 19:51

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Ene. (EUROPA PRESS) -

   O voceiro da Federación Galega de Dano Cerebral, Fidel Castro, denunciou "carencias importantes" na asistencia pública que se presta ao colectivo de persoas con esta minusvalidez, ao tempo que instou á Xunta a crear unha segunda unidade para o seu tratamento no novo hospital de Vigo.

   Castro compareceu este mércores na comisión parlamentaria creada para o seguimento das políticas relativas á minusvalidez e para a elaboración de propostas a favor das persoas minusválidas.

   Na súa exposición ante os grupos, advertiu de que a que xera o dano cerebral adquirido é unha minusvalidez "silenciosa", posto que os afectados adoitan estar "ocultos", nas súas casas, e é por iso que os familiares son os que na maior parte dos casos asumen as tarefas para apoialos. Neste sentido, advertiu de que o servizo que se ofrece ás familias é "moi precario".

   Pero para empezar, unha das principais reclamacións que trasladou o representante desta federación, que integra cinco asociacións de dano cerebral --de A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense e Santiago--, é a elaboración dun estudio "serio" que permita coñecer o número de casos existentes na comunidade, posto que, segundo indicou, aínda non existen máis que aproximacións a partir de enquisas e que datan de fai polo menos sete anos.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)