A Federación Galeusca aposta por formar novos lectores e creadores

La Federación Galeusca se reúne este domingo en Pontevedra
Foto: AELG
Actualizado: martes, 17 diciembre 2013 21:53

PONTEVEDRA, 27 Oct. (EUROPA PRESS) -

   A Federación Galeusca destacou a necesidade de formar novos lectores e novos creadores a través de "todos os ámbitos de socialización" posibles e renovou o seu compromiso de "continuar co seu labor creador" a nivel individual e como colectivo.

   Estas foron algunhas das conclusións que as asociacións de escritores en catalán, euskera e galego que se inclúen nesta federación alcanzaron durante o encontro celebrado este domingo na Casa das Campás de Pontevedra.

   A Federación destacou a necesidade de continuar apostando pola creación dunha literatura infantil e xuvenil que sexa "viva, visibilizadora, cohesionadora, formadora de valores, superadora de estereotipos e que axuda a interconectase con outras culturas".

   No acto, no que Guillem-Jordi Graells foi elixido presidente, Galeusca renovou o seu "compromiso ilusionante" de continuar co seu labor creador a nivel individual e como colectivo interrelacionado con outros sectores culturais e sociais.

   Por outra banda, Galeusca tamén reafirmou o seu rexeitamento á Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) ao considerar que "resta estatus" aos idiomas propios e oficiais e ten un "carácter regresivo e recentralizador" que se pode ver "nos decretos que se están a aplicar en Galicia, Valencia e as Illas Baleares.