Feijóo admite que hai que mellorar medios e ferramentas" na Xustiza, pero tamén "a axilidade"

Alberto Núñez Feijóo comparecerá en rolda de prensa para dar conta dos asuntos t
XUNTA/Photographer: xoán crespo
Actualizado: jueves, 24 abril 2014 15:21

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou, tras manifestar o fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, que "faltan" medios para combater a corrupción, que "hai que mellorar "mecanismos, ferramentas e medios", pero "por suposto" tamén a axilidade na Xustiza".

"Máis medios, máis ferramentas e máis axilidade na Xustiza é o que nos piden os cidadáns e entendo que todos temos a nosa cota de responsabilidade para conseguilo", aseverou o presidente galego ao termo do Consello da Xunta.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Executivo, Feijóo incidiu en que "non nunca se pode renunciar a mellorar" os servizos públicos. "E menos un tan esencial para o Estado de Dereito como a Administración xudicial", apostilou.

Díxoo tras ser preguntado sobre as declaracións de Torres-Doce, quen reprobou a falta de medios legais para combater a corrupción, así como os "indultos a corruptos" e os "buratos negros na execución de sentenzas", entre outras cuestións como unha lexislación "insuficiente e enrevesada".