Feijóo aposta pola agrupación de propietarios e a certificación de madeira para "abrir mercados" ao sector forestal

SANTIAGO  13,30 h.- O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, clausurará a asem
Foto: XUNTA/Photographer: xoan crespo

O Clúster reclama á Xunta un "apoio firme e claro" e medidas que "incrementen o uso da madeira" en distintos ámbitos

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apostou este venres por "facer máis fincapé na conservación" dos montes galegos e por fomentar a agrupación de propietarios forestais e a certificación da madeira como medio para "abrir mercados" para o sector madeireiro da Comunidade.

   Así indicouno durante a súa intervención no acto de clausura da asemblea extraordinaria do Clúster da Madeira de Galicia onde destacou a "importancia política, económica e social" do sector madeireiro en Galicia e a necesidade de abrir "novos camiños" que "permitan afrontar un futuro complexo" no sector.

   "Dende o realismo, este sector non está a explotar, nin moito menos, a súa capacidade real", indicou Núñez Feijóo, que asegurou que as "características naturais" de Galicia lle ofrecen a posibilidade de converterse en "potencia mundial" nesta materia.

   Para a mellora da xestión forestal, o presidente da Xunta apostou por fomentar tres conceptos, a prevención, a certificación e a agrupación.

   En concreto, instou a traballar na prevención de problemas nos bosques galegos, tales como os incendios forestais para "gastar menos" en apagar lumes e máis en fomentar a produtividade do sector. Así mesmo, apostou pola "agrupación de propietarios" que, "sen perder a propiedade", poidan "facer unha xestión empresarial" común que permita ao sector forestal galego ser competitivo.

   Finalmente, Núñez Feijóo apostou por incrementar o nivel de certificación da madeira galega, unha das "materias pendentes de Galicia", que se sitúa actualmente en torno a un 10 por cento, lonxe de cifras como o 70 por cento de Alemaña ou o 80 por cento de Finlandia.

RECLAMACIÓNS DA INDUSTRIA

   Pola súa banda, o presidente do Clúster da Madeira de Galicia, Alfredo Rodríguez, reclamou á Administración galega un "apoio firme e claro" para o sector, ao igual que acontece con outros sectores" produtivos.

   "Non podemos entender que as nosas administracións compren produto no estranxeiro, en ocasións moito máis caro", sinalou Rodríguez, quen solicitou que se articulen medidas para a configuración dun monte "produtivo, competitivo e sostible".

   Finalmente, pediu que se incentive o uso da madeira "en todos os ámbitos" posibles e garantiu que "a pesar das adversidades" o sector se "recanalizará" se se traballa de forma conxunta.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.