Feijóo apunta á velocidade como principal causa

Alberto Núñez Feijóo comparecerá en rolda de prensa para dar conta dos asuntos t
Foto: XUNTA/Photographer: xoán crespo
Actualizado: viernes, 25 julio 2014 14:40
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

MADRID, 25 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apuntou á alta velocidade como principal causa do accidente de Angrois, aínda que subliñou que haberá que esperar a que finalice a instrución do caso e que a Xunta quere coñecer "tódalas cuestións que podían incidir no desenlace".

   "O que é evidente é que ese tren circulaba a 190 quilómetros por hora a 3.500 metros dunha plataforma, é dicir, a escasos segundos de ter que parar no centro de Santiago, iso é tan contundente e tan evidente que non creo que poidamos obvialo", dixo en declaracións a Onda Cero recollidas por Europa Press.

   Iso si, recoñeceu que non se saberá "a verdade xurídica, polo tanto a verdade nun Estado de Dereito", ata que finalice a instrución do caso, se xulgue e haxa sentenza.

   De feito, insistiu en que a Xunta quere saber se houbo outros factores que puideron incidir no accidente, igual que está convencido de que tanto Adif, Renfe e o Goberno de España teñen como obxectivo "diminuír calquera posible accidente ferroviario nos miles de quilómetros de vías españolas".

   Entre as cousas que quedan por saber está se ese tren debías ter instalados sistemas de seguridade que deixasen ao convoi sen enerxía en caso de velocidade excesiva, e así "probablemente evitar o descarrilamento e en todo caso diminuír os danos".

   Para Feijóo, "un exceso de velocidade a 190 quilómetros por hora é moi difícil que non produza algún efecto". "Cuestión distinta é se os dispositivos de seguridade poden diminuír os impactos ou os riscos", resumiu.

SERÍA "MISERABLE" BOTAR A CULPA AO GOBERNO ANTERIOR

   Para o presidente galego, sería unha "formulación miserable" dicir que a vía do accidente "se instalou" e "finalizou" con outro Goberno.

   Feijóo aproveitou a entrevista para mostrar o seu agradecemento aos Reis pola visita no Día do Apóstolo e rendeu homenaxe ás vítimas.

   Segundo dixo, co acto celebrado onte pretendíase "manter a lapa do recordo e da memoria" polas 79 vítimas mortais no accidente e polo operativo de emerxencia e asistencia sanitaria. "Non é posible esquecer o que vivimos e o que vimos", dixo.