Feijóo comparecerá no próximo pleno para "dar conta" dos asuntos abordados na Conferencia de Presidentes

Alberto Núnez Feijóo en la Conferencia de Presidentes en el Senado
EUROPA PRESS
Actualizado: martes, 17 enero 2017 14:33

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Ene. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá no próximo pleno que terá lugar no Parlamento de Galicia para "dar conta" dos asuntos abordados na Conferencia de Presidentes que ten lugar este martes en Madrid e na que se abordarán cuestións como o financiamento autonómico.

Segundo informaron os representantes das forzas con presenza na Cámara galega na súa rolda de prensa tras a Xunta de Portavoces, a comparecencia terá lugar a petición dos grupos da oposición (En Marea, PSdeG e BNG).

Precisamente, Luís Villares (En Marea), Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Ana Pontón (BNG) coincidiron a criticar o feito de que nin o xefe do Executivo galego nin o grupo que sustenta ao Goberno, o PPdeG, trasladasen á oposición a postura que Feijóo defenderá en Madrid para "poder chegar a algún consenso" e liderar ante o Goberno central "unha posición de país".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)