Feijóo destaca que Industria "cumpre" ao convocar a nova poxa eléctrica e ve "posibilidades" para Alcoa

Feijóo en la rueda de prensa posterior al Consello del 18 de diciembre
ANA VARELA
Actualizado: jueves, 18 diciembre 2014 16:06

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Dic. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que "se están a cumprir os compromisos" ao convocar a nova poxa eléctrica e se mostrou convencido de que hai condicións para que os grandes operadores de uso intensivo de enerxía poidan acceder aos incentivos. "Veremos a ver qué oferta presenta Alcoa, dependerá do prezo que estea disposto a pagar", agregou.

Ao termo do Consello da Xunta, o presidente asegurou que o seu Executivo mantén contactos, "ás veces a diario", co Ministerio de Industria, Rede Eléctrica Española e con Alcoa, antes de defender que "se están a cumprir os compromisos".

"O compromiso era a segunda poxa antes de finalizar o ano e que saia a poxa a totalidade dos incentivos da interrumpibilidade eléctrica das empresas intensivas en consumo enerxética", destacou, para engadir que, a partir de aí, o futuro de Alcoa "dependerá do prezo que estea disposta a pagar" dentro do conxunto de operadores que van á poxa.

Dito isto e aínda sen anticipar cál será o resultado, porque "acreditar que unha poxa está amañada sería acreditar unha trampa" que non poderían aceptar nin a Unión Europea nin a Comisión Nacional do Mercado de Enerxía, remarcou que "hai capacidade instalada polo número de megavatios e os bloques que van saír a poxa" para que os operadores poidan acceder aos incentivos.

"Estou convencido de que nesa poxa hai esa posibilidade, veremos a oferta que presenta Alcoa para a súa factoría na Coruña e para a súa planta dos nosos veciños de Avilés", ha aseverado Feijóo.