Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 15:36

Feijóo espera que frutifique a operación anunciada pola Xunta para "manter a galeguidade" de Reganosa

   O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que espera que "poida frutificar" a operación mercantil feita pública pola Xunta para intentar "manter a galeguidade" de Reganosa e garantiu que esta fará "todo o posible" para que a maioría das accións da gasística queden en mans de empresas que teñan a Galicia "como referencia".

   De feito, este venres, a Xunta e o Grupo Tojeiro anunciaron a súa intención de aliarse para controlar, de forma conxunta, entre o 51 e o 54 por cento das accións de Reganosa, tras anunciar a súa saída Endesa, Caixa Galicia, Caixanova e o Banco Pastor. O obxectivo da operación é "manter a galeguidade" da gasera, afirmou o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.

   Nunha rolda de prensa o conselleiro e o conselleiro delegado do Grupo Tojeiro, Roberto Tojeiro, indicaron que exercerán o seu dereito de tenteo --ambos os dous forman parte xa do conxunto de accionistas-- "en conxunto" sobre as accións que están en venda, co fin de que a empresa siga en mans maioritariamente galegas.

   Na operación, o Goberno autonómico prevé desembolsar 7 millóns de euros, para elevar a súa participación do 10% ao 17,5%; mentres que o grupo empresarial galego investirá entre 14 e 18 millóns de euros para facerse co 36,5% das accións (agora controla o 18%). A achega conxunta podería roldar os 25 millóns.

   "De momento estamos a cumprir o compromiso de manter a galleguidad dos sectores estratéxicos para a nosa economía; cumprimos coas caixas e tamén agora, intentando manter o capital galego en Reganosa", engadiu Feijóo en declaracións aos medios, tras reunirse co presidente de La Rioja, Pedro Sanz, no Pazo de Raxoi.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.