Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 17:37

Feijóo espera que "non se confirme" ningún acordo entre Goberno e PNV para "repartir entre dous o que é de todos"

   O xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, manifestou o seu desexo de que "non se confirme" ningún acordo entre o Goberno central e o PNV para "repartir entre dous o que é de todos", en referencia ás negociacións mantidas para aprobar os presupostos de 2011.

   Segundo o presidente autonómico, o posible acordo que se está a negociar só serve para "dar sostenibilidade" ao Goberno que "desfalece", polo que advertiu de que "nin os intereses persoais e políticos nin os particulares dun partido" poden ir "en contra" dos intereses xerais da cidadanía.

   Ao respecto, sinalou que aos intereses xerais de España "non lles conviría" este posible acordo, senón "só aos persoais do presidente Zapatero e aos partidistas do PSOE".

   Moi crítico coas "políticas cortoplacistas" do Executivo estatal, Feijóo sinalou que "espera e desexa" que os intereses xerais "non estean por debaixo dos particulares dun partido con dificultades para permanecer no Goberno e dun presidente que ten dificultades para seguir sendo presidente".

ROMPER A 'CAIXA ÚNICA'

   A postura manifestada por Feijóo coincide coa manifestada polo coordinador económico do seu partido, Cristóbal Montoro, quen expresou o rexeitamento "tallante" do PP á 'ruptura' da caixa única da Seguridade Social, xa que, na súa opinión, suporía a cesión das políticas pasivas de emprego ao País Vasco, tal e como reclama o PNV ao Goberno a cambio do seu apoio aos Presupostos para 2011.

   Para Montoro, trátase dunha medida "ineficiente e inxusta" que prexudicará aos cidadáns españois que actualmente se benefician dela "con independencia da comunidade na que viven".

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.