Ferida de gravidade unha anciá en Vigo tras ser atropelada nun paso de peóns

Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 27 mayo 2012 21:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA 27 May. (EUROPA PRESS) -

Unha muller de 78 anos resultou ferida de gravidade tras ser atropelada por un turismo nun paso de peóns dunha rúa de Vigo, segundo informan a Europa Press fontes da Policía Local.

As mesmas fontes da Policía Local viguesa sinalan que o accidente tivo lugar ás 22.35 horas do sábado á altura do número 6 da rúa Pateira.

Tras ser alcanzada polo vehículo, a anciá tivo que ser traslada polos servizos de Urxencias Médicas ao Hospital Xeral de Vigo, onde permanece con prognóstico moi grave.

Contenido patrocinado