Ferida unha moza ao ser atropelada cando ía en bicicleta en Santiago

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 20 junio 2013 13:56

SANTIAGO DE COMPOSTELA 20 Jun. (EUROPA PRESS) -

Unha moza de 27 anos resultou ferida ao ser atropelada cando ía en bicicleta en Santiago de Compostela e dous varóns ao envorcar unha furgoneta en Pontevedra.

O atropelo tivo lugar sobre as 8.10 horas deste xoves na rúa Mestre Mateo, á altura da rotonda onde está o Gran Hotel, segundo datos facilitados polo 112 a Europa Press.

O 061, segundo indicaron fontes sanitarias, mobilizou unha ambulancia asistencial que trasladou ao Hospital La Rosaleda á muller ferida, C.G.M., de 27 anos.

Mentres, sobre as 20.25 horas do mércores sucedeu un sinistro no que unha furgoneta envorcou tras caer a un terreo privado na estrada de Pontevedra ao cuartel de Figueirido.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada e outra asistencial para atender dous varóns. Un de eles, M.D., de 35 anos, foi levado ao Hospital Domínguez, e T.B., de 40 anos, ao Hospital Montecelo.

Contenido patrocinado