Ferida unha peregrina ao caer da súa bicicleta en Paradela (Lugo)

Publicado: sábado, 23 septiembre 2017 15:29

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Unha peregrina resultou ferida este sábado ao caer da súa bicicleta en Paradela. Os feitos tiveron lugar na estrada que une a localidade lucense con Portomarín.

   O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través do aviso dun particular ás 11,05 horas. Segundo indicaba, a ferida precisaba asistencia médica.

   O centro de emerxencias deu o aviso ao 061, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.

   Finalmente, a peregrina accidentada foi trasladada ata un centro médico.