Arde un vehículo tras caer por un barranco en O Saviñao (Lugo)

Actualizado: viernes, 4 septiembre 2015 15:59

LUGO, 4 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado este venres ao sairse da vía un vehículo, caer por un barranco e arder no termo municipal de O Saviñao (Lugo).

   Segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 12,59 horas na estrada de Currelos a Reirís no lugar de Teibel.

   As mesmas fontes sinalaron que un particular foi o que alertou de que un coche caera por un barranco e ardido, pero non había ninguén no seu interior.

   Foron mobilizados os Bombeiros de Chantada, a Garda Civil de Tráfico e o 061, que desprazou un médico e unha ambulancia que levou á persoa ferida ao Hospital de Monforte.