Ferida unha septuaxenaria ao ser atropelada por un camión ao cruzar a catro metros dun paso de peóns en Ourense

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 9 mayo 2008 17:21

OURENSE 9 May. (EUROPA PRESS) -

Unha septuaxenaria resultou ferida hoxe tras ser atropelada por un camión cando cruzaba unha rúa a catro metros dun paso de peóns na zona urbana de Ourense.

Segundo informou hoxe a Policía Local, os feitos sucederon sobre as 11.00 horas de na Rúa Nova, preto da intersección coa Avenida de Bos Aires, na capital ourensana.

Ao proceder a cruzar un camión que accedeu da Avenida de Bos Aires en sentido saída cidade xirou á esquerda cara á Rúa Nova e, xa nesta rúa, atropelou a muller que cruzaba a calzada a uns catro metros dun paso de peóns.

Como consecuencia do atropelo, C.R.D., de 78 anos de idade e veciña de Ourense, resultou ferida e foi trasladada por unha ambulancia ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU) para ser atendida.

Este é o segundo atropelo rexistrado en menos de 24 horas na zona urbana de Ourense, despois de que un neno de 9 anos resultase ferido tras ser arrastrado na rúa Progreso por un vehículo ao cruzar por un lugar non habilitado.

Contenido patrocinado