Feridas catro persoas nun accidente de tráfico en Muxía (A Coruña)

Actualizado: sábado, 19 abril 2014 11:29
cia" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Abr. (EUROPA PRESS) -

   Catro persoas resultaron feridas de consideración como consecuencia dun accidente acontecido este venres na localidade coruñesa de Muxía.

   Segundo informaron os Bombeiros da Costa da Morte, o accidente, unha colisión fronto-lateral, tivo lugar preto das 23.30 horas deste venres na estrada CP-2303, na saída de Caberta en dirección Muxía.

   No lugar do suceso, os Bombeiros tiveron que actuar para excarcerar un dos ocupantes, que quedara atrapado no turismo. Os catro feridos, de "bastante gravidade", foron trasladados ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.