Ferido o condutor dunha furgoneta após chocar cun camión na A-52 en Riós

Actualizado 16/04/2018 11:30:31 CET

OURENSE, 16 Abr. (EUROPA PRESS) -

O condutor dunha furgoneta resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste luns ao chocar cun camión na autovía A-52 ao seu paso polo termo municipal de Riós (Ourense).

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 9,30 horas deste luns na A-52 entre Fumaces e A Trepa.

Foi o camioneiro implicado o que avisou ao 112 de que unha furgoneta impactara contra o seu camión e o outro condutor atopábase consciente, pero atrapado.

Por iso, foron mobilizados os Bombeiros de Verín, que excarceraron ao condutor da furgoneta; e o 061, que levou ao ferido ao Hospital de Verín. Tamén se avisou ao GES da Gudiña e efectivos de Protección Civil.