Ferido grave un camioneiro nun accidente en Maside (Ourense) que tivo que ser excarcerado

Actualizado: martes, 29 julio 2014 19:45

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Jul. (EUROPA PRESS) -

Un camioneiro resultou ferido grave na tarde deste martes tras chocar contra un turismo cando circulaba polo termo municipal de Maside (Ourense), segundo informa o CAE 112 Galicia.

O home quedou atrapado no interior do camión de transporte de material de construción no que tivo un accidente arredor das 16,50 horas cando circulaba pola estrada que une a Maside coa Carrasca.

O camioneiro tivo que a excarcerado por efectivos de Protección Civil do Carballiño e debido á gravidade das feridas requiriuse a presenza dun helicóptero medicalizado con base en Ourense que tomou terra no propio lugar do accidente. Ao lugar tamén acudiron tras chamadas de particulares efectivos da Garda Civil, entre outros.