OURENSE 17 Jun. (EUROPA PRESS) -
Un home resultou ferido de gravidade este luns ao colisionar o coche que conducía contra un camión na localidade ourensana dos Peares.
Diso informou a Garda Civil de Tráfico a través dun comunicado, no que precisou que os feitos tiveron lugar sobre as 20.30 horas.
Sucederon, segundo o relato do Instituto Armado, na estrada nacional N-120, no punto quilométrico 552, ao seu paso por Os Peares.