Ferido un home ao ser atropelado por un camión

Actualizado: miércoles, 16 abril 2014 11:11

OURENSE, 16 Abr. (EUROPA PRESS) -

Un home resultou ferido ao ser atropelado na mañá deste mércores por un camión cando daba marcha atrás no termo municipal de Trasmiras (Ourense).

O sinistro tivo lugar sobre as 9,30 horas no lugar de Vilar de Rei, no medio da poboación de Trasmiras, segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press.

Foron mobilizados a Guardia Civil de Tráfico, Protección Civil e o 061, que desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que trasladou ao home ferido a un centro sanitario.