Ferido un home após ser atropelado por un camión no Barco (Ourense)

Actualizado: jueves, 18 enero 2018 13:39

OURENSE, 18 Ene. (EUROPA PRESS) -

Un home de idade avanzada resultou ferido ao ser atropelado na mañá deste xoves por un camión no termo municipal do Barco de Valdeorras (Ourense).

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 11,00 horas deste xoves unha persona foi atropelada por un camión na Avenida Conde Fenosa do Barco de Valdeorras.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia asistencial que trasladou ao Hospital de Valdeorras a un home duns 80 anos de idade, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Ademais do equipo médico mobilizado, acudiron ao lugar do accidente axentes da Policía Local, alertados polo persoal do 112 Galicia.