Ferido un home tras precipitarse dende o tellado dunha granxa de coellos en Cabana de Bergantiños

Actualizado: lunes, 28 julio 2014 12:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Jul. (EUROPA PRESS) -

Un home resultou ferido na mañá deste luns tras precipitarse dende o tellado dunha granxa de coellos na localidade coruñesa de Cabana de Bergantiños.

Segundo informou o Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu preto das 11.00 horas deste luns, cando un particular pediu asistencia médica para un home que se precipitara dende un tellado dunha granxa.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, Protección Civil e GES, así como o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que atendeu o ferido. A Garda Civil, que investiga as causas do suceso, descartou que se trate dun accidente laboral.