Feridos dous motoristas en senllos accidentes acontecidos en Mugardos e Ordes

Publicado: jueves, 8 diciembre 2016 19:19

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Dic. (EUROPA PRESS) -

   Dous motoristas resultaron feridos en senllos accidentes de tráfico acontecidos este xoves nos municipios coruñeses de Mugardos e Ordes. No primeiro dos casos, o condutor colisionar contra unha casa tras sairse da vía e, no segundo, contra unha árbore.

   En concreto, segundo informou o CAE 112 Galicia, o primeiro dos sucesos tivo lugar ás 16,00 horas na Avenida Francisco Vizoso de Mugargos, na parroquia de Franza.

   Alí, unha persoa resultou ferida tras chocar coa súa moto contra unha casa. A vítima foi trasladada polos efectivos sanitario a un centro hospitalario.

   O persoal da central de emerxencias do 112 estableceu comunicación con Urxencias Médicas. Tamén se informou aos Bombeiros de Ferrol, ao GES de Mugardos e á Garda Civil de Tráfico.

CHOQUE CONTRA UNHA ÁRBORE

   Pola súa parte, en Ordes, outro motorista resultou ferido na tarde deste xoves ao chocar contra unha árbore. A vítima circulaba por unha pista forestal da zona de Poulo cando sufriu o accidente.

   O 112 Galicia tivo constancia da situación ás 17,00 horas, a través da alerta de Urxencias Médicas. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou aos Bombeiros de Ordes. Tamén alertou a Protección Civil, a Policía Local e a Garda Civil.