Feridos dous traballadores en senllas caídas en Trasmiras (Ourense) e Cangas (Pontevedra)

Actualizado: jueves, 22 febrero 2018 12:26

OURENSE/PONTEVEDRA, 22 Feb. (EUROPA PRESS) -

Dous traballadores resultaron feridos en senllos accidentes laborais rexistrados este xoves debido a caídas nos municipios de Trasmiras (Ourense) e Cangas (Pontevedra).

Segundo informou o 112 Galicia, o primeiro dos accidentes tivo lugar sobre as 11,00 horas deste xoves no lugar de Hío, no municipio pontevedrés de Cangas, ao caer un operario dunha estada.

O golpe produciulle, indicaron as mesmas fontes de emerxencias, diversas lesións, polo que o ferido foi atendido por un equipo do 061.

Uns minutos despois das 11,00 horas outro traballador caeu dun guindastre situado a catro metros de altura. Aínda que estaba consciente, os profesionais sanitarios optaron pola mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense. O ferido foise recuperando e puido ser trasladado en ambulancia.