SANTIAGO DE COMPOSTELA 3 Oct. (EUROPA PRESS) -
A Academia Galega do Audiovisual celebrará este ano en Ourense un nova edición do seu encontro Foro Academia Aberta, que debaterá durante os días 14 e 15 de outubro sobre a relación entre a industria audiovisual e o idioma galega.
O encontro, que se celebrará baixo o título 'A lingua fendida. O audiovisual e o galego', terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense no marco da terceira edición do Festival de Cinema Internacional desta cidade.
Entre os temas que abordará o foro, está a "peculiaridade" que supón o uso da lingua propia dunha rexión no ámbito audiovisual, polo cal participarán no expertos que analizarán a situación en Cataluña, País Vasco, Québec e Gales.
Posteriormente, a segunda xornada centrarase no caso galego, a través da relación entre o audiovisual e o idioma dende as perspectivas sociocultural, artística e económica, así como as características que debe ter a lingua do audiovisual.
Finalmente, a Academia fará unha homenaxe á dobraxe en Galicia, que o pasado ano cumpriu 25 anos como profesión. Así, a organización ten previsto unha mesa redonda na que profesionais da dobraxe contarán a "historia íntima" do seu traballo e recordarán "dobraxes míticas" da Televisión de Galicia.