O FROB nomea a José Manuel Oliver administrador de Banco Gallego e mantén a Losada na dirección

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 23 mayo 2013 18:04

SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 May. (EUROPA PRESS) -

O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) acordou nomear como administrador provisional de Banco Gallego a José Manuel Oliver Martínez, un técnico que xa participou na xestión de Banco de Valencia, e decidiu manter como director xeral da entidade a José Luis Losada.

Nunha nota remitida á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) por Banco Gallego, infórmase de que, dentro do proceso de adxudicación da entidade galega ao Sabadell, o Banco de España acordou o pasado 17 de maio, na súa comisión executiva, substituír o consello de administración e nomear o FROB como administrador.

Deste modo, xustifica, facilítase" a execución do plan de resolución de Banco Galego, que "culminará co peche da operación de venda a Banco Sabadell".

Este mércores a reunión a comisión reitora do FROB, que elixiu como o seu representante a José Manuel Oliver Martínez, quen exercerá as funcións de administración provisional de Banco Gallego. Pola súa banda, o ata agora director do banco, José Luis Losada, manterá este cargo para dar "continuidade á xestión".

Banco Gallego, agrega a nota, "segue operando con total normalidade". Ademais, recorda que o acordo para a venda a Banco Sabadell inclúe unha nova inxección por parte do FROB na entidade galega, que se realizará mediante unha ampliación de capital de 245 millóns de euros e a posterior transmisión de todas as accións á entidade catalá por un prezo dun euro.

Contenido patrocinado