A Fundación Dintel concede á Xunta o premio ás mellores iniciativas TIC 2011 no ámbito de entidades publicas

Actualizado: jueves, 27 enero 2011 19:41

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Fundación Dintel acordou concederlle á Xunta o galardón "ás mellores iniciativas TIC" en ámbito das administracións públicas no marco dos seus Premios Alta Dirección 2011.

Segundo explicou o Executivo galego nun comunicado, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asistiu este xoves en Madrid ao acto de entrega destes premios que recoñecen o traballo realizado pola administración "ata agora".

Ante este recoñecemento, a Xunta recordou que estableceu as liñas de actuación en materia tecnolóxica na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal como folla de ruta para o impulso definitivo das novas tecnoloxías na comunidade.

Ademais, o Executivo galego recordou que "unha das primeiras decisións" en materia tecnolóxica foi a posta en marcha do Plan de Banda Ancha de Galicia co fin de garantir o acceso a Internet a todos os galegos. "Unha aposta por conectar o rural da comunidade co resto do mundo", apostilou a Administración autonómica.

Finalmente, o Goberno galego incidiu no "especial esforzo" na aplicación das TIC en ámbitos de tanta repercusión social como a sanidade, a xustiza e a educación.